español

Ambientes é un estudo de decoración, deseño de interiores e deseño de mobiliario, formado por un equipo multidisciplinar -interioristas, estilista, delineante e deseñador de produto- que proxecta e deseña apostando pola innovación, a orixinalidade e a calidade.
Abordamos diferentes tipos de proxectos, desde a decoración dun espazo existente até o deseño interior, onde se actúa tanto sobre a psicoloxía ambiental como sobre a propia arquitectura, analizando todos os aspectos que conforman ese espazo, para presentar un proxecto coherente e axustado ás necesidades funcionais, estéticas e económicas de cada cliente.
Así mesmo, contamos cunha sala de exposicións de 700 m2 onde se mostran diferentes espazos con coleccións propias, así como das firmas máis relevantes de mobiliario, teas, alfombras, iluminación no ámbito nacional e internacional.

  • introducción
  • filosofía
  • proyectos
  • showroom
  • noticias
  • contacto

ambientes mobiliario e interiorismo. avenida santiago, 69 a estrada 36680 pontevedra (Spain) t +34 986 575 199 f +34 986 573 145 ambientes@ambientesuno.com www.ambientesuno.com Texto legal.